Entender o Lanzo

Os luns de pascua celébrase unha peculiar romaría na parroquia de Sobrada, concello de Tomiño, na cal  conxúganse o espírito de irmandade entre dous pobos Miñotos,  cunha homenaxe aos pescadores do río Miño

e o seu oficio, e coa devoción que se ten á Nosa Senhora da Cabeça e maila bendición que se lle impón ó Río para agradecer as capturas do ano pasado e pedir unha boa tempada seguinte. Neste acto os barqueiros trasladan ós paisanos dende cada súa beira do Río á outra para botar uns bailes e dar a bicar a Cruz de pascua, que antigamente se pasaban por tódalas casas para bendicilas.

 

 

 

Descripción do Lanzo da Cruz

Publicado por ⋅ Xullo 29, 2011 ⋅ Deixar un comentario
Arquivado en

O Lanzo da Cruz é unha romería que se celebra no barrio de Torrón (Sobrada-Tomiño) o luns de Pascoa. A romería consiste en bendecir o río para que a pesca sexa propicia. En torno a este ritual se desenvolve toda unha serie de tradicións que na antigüedade eran comúns para todas as parroquias bañadas polo río Miño pero que na actualidade solo se conserva no Torrón. Ademáis é aquí onde a romería se torna máis rica e se diferencia das que se facían antigamente noutras parroquias. Esa diferenza radica no feito de que no caso do Torrón hai un intercambio de párrocos. É dicir, o parroco galego acompañado de veciños/as acude a beira portuguesa que é Cristelo e o párroco portugués acude a beira galega. Ambos curas levan a cruz que é coa que bendicen o río e lle dan a bicar a xente que se congregan en ambas beiras. En torno a estes dous elementos centrais xorden fenómenos complementarios que enriquecen todavía máis a romería. Nos referimos a : desfile de chimpíns para achegarse ao río, desfile de barcos que cruzan constantemente o río para trasladar a xente, ….

A advocación dos miñotos ao río

Publicado por ⋅ Xullo 25, 2011 ⋅ Deixar un comentario

O río non constituía un espacio secundario senón principal para as poboacións ribereñas, así o comprobamos no caso do Torrón. Producíase o que Eliseo Alonso definía como “una tangente entre el arado y la barca pesquera. La red y la “leira” confunden la cosecha del río con la cosecha de tierra.” (Alonso, Eliseo: Los ríos de Pontevedra, ed. Federación Española de Pesca y Actividades Acuáticas, nº13,1966,) . Podemos falar de binomio campo-río os cales aportaban ingresos e medios diferentes e complementarios.

Natalia Jorge Pereira